top of page

Actividades principais 2014-15

 

Indicamos aquí as actividades que implican a toda a comunidade educativa. Destacan pola campaña informativa que vai desde a comunicación ás familias, por parte da dirección, á comunicación directa na aulas, por parte de alumnado promotor.

Organización

1º trimestre. Campaña de Reis

 

Intentando facer posible o lema "Ningún neno sen xoguetes"  achegamos e recollemos unha grande cantidade de xoguetes que clasificamos por tipos.

 

Aínda que nos faría moita ilusión converternos en Reis Magos e entregar os xoguetes individualmente, decidimos que os distribuiría mellor unha ONG do barrio que estaba realizando unha campaña similar.

2º trimestre. Operación Quilo

 

Repetimos a que foi a campaña principal o curso pasado.

 

Durante uns quince días desenvólvese a campaña informativa que remata coa entrega dos produtos clasificados ao Banco de Alimentos Rias Altas.

O resultado desta campaña foi a recollida de algo máis de 200 kg. de alimentos.

3º trimestre. Roupa e calzado

 

"A roupa cambia de armario".

 

Nesta campaña todas as prendas recollidas -228 Kg.- foron entregadas á ONG

Ecodesarrollo Gaia. Esta ONG, ademais de estar no barrio, está moi relacionada co centro porque algunha exprofesora  traballa como voluntaria e varios alumnos e alumnas reciben clases de apoio polas tardes.

bottom of page