A Sardiñeira
RCES
Día Internacional do Voluntariado
Celebramos o Día Internacional do Voluntariado ( 5 de decembro) de forma conxunta cos outros centros da Rede. As actividades conxuntas foron 3:
-
Apertas Solidarias
-
Videoconferencia
-
Venda das "Pulseiras Solidarias"
Videoconferencia
Con 5 puntos conectados:
-
Dirección Xeral de Voluntariado (Santiago)
-
Colexio La Salle (Santiago)
-
IES Carlos Casares (Viana do Bolo, Ourense)
-
IES Mugardos (A Coruña)
-
IES A Sardiñeira (A Coruña)
Os recursos humanos responderon ao cen por cento, os recursos técnicos algo menos.
Venda de "Pulseiras Solidarias"
As "Pulseiras Solidarias", elaboradas polo alumnado participante e coas cores do logo da RCES, foron vendidas o mesmo día 5 de decembro ou en datas próximas. Cada centro decidía a que institución entregaba os beneficios. No instituto da Sardiñeira o prezo fixado era de 1 €. O alumnado decidiu entregar a recadación á Cociña Económica da Cidade.
O día 18 de decembro unha representación do alumnado de 4º de ESO, realizou unha visita á Cociña Económica e fixo a entrega oficial do recadado.