top of page

Dereitos da infancia

O neno can, de Fina Casalderrey e Francisco Castro con ilustracións de Patricia Castelao, é un libro sobre os dereitos da infancia. Consta de 5 historias sobre a pobreza, a explotación infantil, a falta de identidade, o matrimonio infantil e a discapacidade: Todos os relatos  comezan con artigos da Declaración dos Dereitos da Infancia para presentar  a continuación casos de incumprimento.

Lendo estas historias inventadas observamos que a realidade supera a ficción continuamente.

No primeiro relato o protagonista atrapa a comida que lle lanzan uns rapaces que estan celebrando un cumpreanos nunha terraza.

 "A rapaza repara nel e lánzalle un bocado de carne que Aakesh atrapa directamente coa boca.

Ela, fascinada co enredo, continúa a arrincar cachos do bocadillo e a guindarllos polo aire. Aakesh captúraos ao voo cunha habilidade asombrosa.

As gargalladas da nena alertan os seus amigos, que se achegan para presenciar o espectáculo.

—Anda, un neno can!

—Mirádelle os pés, que cotrosos!

—Semellan de pel de elefante!

—Veña, chucho, pilla isto!

—Ei, ei, aquí, aquí!

Nenos e nenas rin e lanzan ao aire as larpeiradas que sobran da festa, facendo roda arredor. E canto máis rin eles, máis salta Aakesh". (páx. 13)

Unha situación tan denigrante como a protagonizada polos siareiros do PSV en Madrid (marzo 2016)

A educación é un dereito polo que loitan cada día nenas e nenos de distintos lugares do mundo.

Ver ficha en Divisa Home Vídeo

UNICEF

 Un xogo de UNICEF para repasar os dereitos da infancia: http://www.enredate.org/cas/juegos/mueve_ficha

bottom of page