top of page

DESTACAMOS

AS NOSAS HISTORIAS
Imaxe e texto de proba
COMPARTE A TÚA HISTORIA SOLIDARIA
ESCRÍBENOS:

cliessar@gmail.com

¡Tus datos se enviaron con éxito!

Seguro que na túa vida hai máis dunha historia solidaria que podes compartir connosco.  Non importa se é longa ou breve, aquí hai moito espazo.

 

This is a great space to write long text about your company and your services. You can use this space to go into a little more detail about your company. Talk about your team and what services you provide. Tell your visitors the story of how you came up with the idea for your business and what makes you different from your competitors. Make your company stand out and show your visitors who you are. Tip: Add your own image by double clicking the image and clicking Change Image. This is a great space to write long text about your company and your services. You can use this space to go into a little more detail about your company. Talk about your team and what services you provide. Tell your visitors the story of how you came up with the idea for your business and what makes you different from your competitors. Make your company stand out and show your visitors who you are. Tip: Add your own image by double clicking the image and clicking Change Image.

Angel A. García,
50 anos
 
Compartir a saúde

A saúde é unha riqueza que non valoramos ata que nos falta. Polo menos iso foi o que me pasou a min. Foi unha experiencia dura, pero aprendín a apreciala e a compartila.

 

Acababa de cumprir 31 anos cando empecei a ter problemas de saúde que me produciron unha inmobilidade case total. A enfermidade non era mortal, pero pasaba o tempo e non había trazas de mellora. E eu víame levando unha existencia inútil durante moitos anos porque xa non me podía valer nin axudar a ninguén. A pesar de todo seguín aceptando operacións e tratamentos, cada vez con menos esperanza. Convaleciente da última empecei a notar melloría e entón recordei que nalgún dos peores momentos fixera unha especie de promesa: se conseguía recuperar a saúde, dedicaría parte do tempo a axudar a persoas con necesidades.

Traballo na construción. Un día encontrei un coñecido que me comentou que estaba pendente dun traballo en Mauritania,  a ONG que llo ofrecía non tiña recursos suficientes. Tratábase de facer unha condución de auga para levala a unha aldea que estaba a 20 quilómetros do manancial. Ofrecinme a pagar a tubería e a colaborar co meu traballo.

A obra fíxose, e cando vin toda aquela xente celebrando a chegada da auga penso que non fixen nada tan ben pagado. Agora dedico tres meses de cada ano a facer traballo unicamente solidario.

Non teño unha imaxe dixital daquela fonte  deixo esta que vos pode dar unha idea: http://4.bp.blogspot.com/-AGCWCGyNczo/TudOddn32fI/AAAAAAAANiU/MvfIbcb5B4g/s400/agua2.jpg.

Carla Gómez Soto, 30 anos
Consumo responsable

 

Aínda que cando cursei Primaria a situación económica non era tan grave, no meu cole ensináronnos a ser solidarios  partindo do uso adecuado do  material escolar. Non parece unha acción moi importante pero asegúrovos que ten un gran valor.

Para empezar explicábannos que todos temos responsabilidades individuais e responsabilidades colectivas.  O material escolar eramos responsables e debiamos esforzarnos porque era moi valioso (por se nos despistaba o prezo facíannos ver cantas persoas, cantos recursos eran necesarios para poñer nas nosas mans un simple caderno) e tamén a nosa obra,  a imaxe a través da que nos vían os demais. Aquí entraba a metodoloxía de traballo: antes de escribir ou debuxar no caderno debiamos ter planificada a actividade, así non había borranchos nin follas arrincadas. Había toda unha serie de valoracións desde o manexo ata os produtos finais; sempre o material era a nosa imaxe, a nosa marca.

Aínda conservo cadernos de varios cursos e síntome moi orgullosa desa etapa; pero o máis importante na miña formación foi a reflexión constante en cada unha das miñas actividades, o  que me leva a ser especialmente sensible co consumo. Así, se evito comprar produtos que utilizan a escravitude infantil, realizo unha acción máis solidaria que se poño cartos para unha escola á que non poden acudir.

Xaquín
Campo Freire
Só sei unha palabra: Grazas!

Onde hai cárceres, tamén hai un hospital de referencia. Alí adoita estar constituída unha unidade de custodia para presos. Moitos están moi doentes e sempre moi sós. Moi doentes e moi sós. Pero coa alma aberta ao agarimo, á amizade e quizais esperando unha gran reconciliación coa súa propia vida, con Deus, coa súa familia, coas vítimas. Hai fame de paz e palabra, Pero sobre todo de escoita activa e empática.

Os capeláns de prisións nin sempre saben da existencia desta unidade. ¡Que inmensa é a soidade dos doentes presos! Meu Deus! recordando a Bécquer: ¡Que soíños fican os presos!  

Estivo cinco meses encamado, en absoluto decúbito supino, sen poder pórse en bipedestación nin en posición lateral. “Chapado” con chave naquel habitáculo, mirando día e noite ao branco teito.

 

Vinte e catro anos. Somalí. Levaba un ano sen poder comunicar coa familia. É de relixión musulmá. Dunha recia espiritualidade da África negra, con gran vida interior, moita paciencia e confianza en Alá e na vida. Moi boa persoa.

                                                Continúa lendo

 

bottom of page